A UE está revisando a normativa europea en relación á Propiedade Intelectual e os dereitos de autor en Internet
A Unión Europea está recabando información co obxectivo de revisar a normativa europea en relación á Propiedade Intelectual e os dereitos de autor en Internet. Actualizar o marco normativo existente ao panorama cambiante que veñen abrindo os avances tecnolóxicos é, segundo a nota difundida por CEDRO, o eixo da consulta. Co fin de ter en conta a opinión da cidadanía, a Comisión Europea vén de abrir unha consulta pública na que a entidade de dereitos española tamén participou.
Ata o día 5 de marzo, gobernos, titulares de dereitos, organizacións relacionadas coa propiedade intelectural e autoridades públicas poderán enviar as súas peticións e suxerencias.
Fonte: AGE