A Xunta eliminará 199 postos de Educación Infantil e Primaria
O goberno de Feijóo decidiu publicar no mes de agosto os recortes que realizará para o curso 2012-2013 en Educación Infantil, Primaria e Educación Especial. O mesmo día en que aseguraba aos medios de comunicación que a situación de Galiza non era a doutras zonas do Estado español e que a súa política económica era a ideal para non caer no rescate, o DOG publicaba a Orde do 20 de xullo de 2012 pola que se modifican as unidades e os postos de traballo docentes dos centros públicos de educación infantil, primaria e educación especial.As ratios de alumnado poderán chegar até 20 alumn@s por aula
Supresión de 132 unidades
A CIG-Ensino xa denunciara hai uns días a supresión de profesorado en Secundaria. Agora informa de que a Consellaría de Educación publicou agravou aínda máis a situación ao suprimir 132 unidades e 199 postos de traballo en educación infantil, primaria e educación especial.
Como resultado deste brutal recorte modificarán as rateos máximas de alumnado por aula e obrigarán a realizar agrupamentos de alumnado de diferentes idades até 20 alumn@s por aula, como xa denunciara o sindicato nacionalista en xuño pasado. Agora son 113 as unidades que van escolarizar alumnado de diferentes idades por mor deses agrupamentos.
Feijóo seguirá co apoio ao ensino privado
Desde a CIG-Ensino tamén denuncian que os recortes só afectan ao ensino público e o ensino privado, en boa parte en mans da Igrexa, continuará coas axudas. “Mantenlles os concertos aos centros privados, entre eles centros que segregan o alumnado por sexo e son vinculados ao Opus Dei”, asegurou Anxo Louzao, Secretario nacional da CIG-Ensino. Para o lider sindical “esta é a política do actual goberno: o deterioro e a privatización dos servizos públicos esenciais”.
Unidades suprimidas Postos de traballo suprimidos
A Coruña 26 37
Lugo 40 54
Ourense 38 68
Pontevedra 28 40
Galiza 132 199
Fonte: CIG-Ensino.
Fonte da noticia: Sermos Galiza