AELG conmemora un ano máis o Día de Rosalía de Castro
Segundo avanza a Asociación de Escritoras e Escritores de Lingua Galega para o 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, propoñen desde 2010 á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contan con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo.
Cada ano a AELG encomenda a un autor/a o texto do manifesto que se propón ler en cada un dos actos que calquera entidade ou colectivo queira organizar para celebrar o Día de Rosalía de Castro. Este ano foi María Reimóndez a encargada da elaboración do seguinte manifesto:
- Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no Día de Rosalía de Castro 2018: Abride a fiestra.
- Propostas da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega para a celebración do Día de Rosalía de Castro nos centros de ensino.
Fonte: AELG