As Academias galega, vasca e catalá reclamarán mais apoio a Madrid
O Ministerio de Cultura destinará en 2014 menos fondos á Real Academia Galega, ao Institut d’Estudis Catalans e mais á Academia da Lingua Vasca e Sociedade de Estudos Vascos. Ante esta situación, as tres entidades anunciaron esta fin de semana que desenvolverán unha acción conxunta en Madrid para reclamar que se manteña o apoio estatal ao seu traballo. Segundo sinalou Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega, estas entidades queren facer fincapé nos importantes recortes que se están a producir no ámbito da cultura por mor da crise.
Para 2014, o Ministerio prevé achegarlle á institución galega un total de 273.070, un 20% menos do que no anterior exercicio.
Fonte: Culturagalega