As axudas ás familias para libros de texto baixan un 8%
A dotación orzamentaria para as axudas ás familias na merca de libros educativos merma un 8%. A Consellería incrementou a vixenza dos libros de texto de catro a seis anos e, deseguida, anunciou as axudas para os materiais escolares coa citada redución.
As axudas da denominada gratuidade solidaria tiñan unha dotación de e 17,6 millóns de euros, repartidos en dous anos, 600.000 euros para o ano 2013 e o resto para o ano 2012. Esa partida orzamentaria non foi suficiente e a administración tivo que ampliala en casi dous millóns de euros. Para o curso 2013-2014 a previsión é dun millón catro centos mil euros menos.
A gratuidade solidaria deixa fóra ao 35% dos estudantes
Un 35% dos alumnos non recibe axuda algunha para material escolar. A gratuidade solidaria establece axudas para familias con rendas non superiores aos 9.000 euros, sempre que sexan monoparentais, e a familias con ingresos inferiores ou iguais a 5.400 euros. As cuantías para os primeiros non superan os 90 euros e para os segundos, con fillos en cursos da ESO, os 180 euros.
Fonte: Culturagalega