As institucións públicas poderán poñer a disposición do público as obras orfas
O Parlamento Europeo aprobou unha directiva pola que as institucións públicas, bibliotecas e museos poderán reproducir e poñer a disposición do público obras orfas, sempre que se teña efectuado previamente unha “búsqueda dilixente e de boa fe para descartar que poida haber un titular de dereitos da obra”. Os Estados da UE dispoñen de dous anos para incorporar a directiva ao seu dereito nacional.
Considérase unha obra orfa aquela que está protexida polos dereitos de autor pero non é posible localizar ao seu creador. Antes de que se aprobara a nova normativa era necesario un permiso previo do autor para poder exhibir as obras, pero ao non poder localizalo, era imposible dar difusión a estas obras.
Unha obra calificada orfa nun Estado membro pasará a entrar nesa categoría en toda a UE.
Fonte: AGE