Artigos patricia

Espazo Lectura suspende as súas actividades na biblioteca de Gondomar

A Asociación Cultural Espazo Lectura acordou o pasado venres suspender as actividades infantís que coordinaba na Biblioteca Municipal de Gondomar por mor do enfrontamento que tiña co concello desta localidade. A asociación denuncia que unha reforma na distribución da biblioteca deixou inutilizados os espazos nos que desenvolvía a súa actividade para a infancia. Ademais, reclama […]

Obras gañadoras da Gala do Libro Galego 2017

O sábado pasado tivo lugar no Teatro Principal do Concello de Santiago de Compostela a Gala do Libro Galego 2017. Con esta convocatoria preténdese recoñecer a excelencia do traballo literario realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2016 en Galicia. Estas distincións, sen dotación económica, foron determinadas por un xurado externo sobre unha listaxe de […]

Baía Edicións presenta ‘Denébola a Roxa’, de Héctor Cajaraville na Feira do libro de Santiago

Baía Edicións convida ao lanzamento do libro Denébola a Roxa, de Héctor Cajaraville, que terá lugar na Feira do libro de Santiago de Compostela (Paseo central da Alameda) o próximo venres, 5 de maio ás 19:30 horas. Héctor Cajaraville compartirá cos asistentes impresións sobre a súa obra, Premio Meiga Moira 2016, ilustrada por Ana Pedreira. […]

Entregáronse os Premios Martín Códax, a gran festa da música galega

Premiados e premiadas da edición 2017 A gala pechouse coa entrega do Premio Honorífico á musicóloga suiza Dorothé Schubarth, polas súas novidosas achegas metodolóxicas na recollida e compilación de cantos populares de 38 zonas xeográficas de Galicia e limítrofes reunidos no Cancioneiro Tradicional Galego; pola a súa xenerosidade ao ceder todo este material ao Arquivo […]

Ana María Romero Masiá ingresa no Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses

O acto de lectura do discurso de ingreso no Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses da Membro Electa Dª Ana María Romero Masiá que versará sobre “Entre a protección e o control. As espontaneadas da Coruña e Ferrol (1750-1800)”. A contestación correrá a cargo de don Felipe-Senén López Gómez, Secretario-Conservador da Institución. O acto celébrase no […]