Manuel Guisande, autor dos libros da colección de Rodribico

Nace en Santiago de Compostela o 30 de outubro de 1958. Estudou Dereito en Santiago e foi redactor de El Correo Gallego, no semanario El Orzán e en El Ideal Gallego. Desde 1986 é redactor en La Voz de Galicia. Xunto co periodista Ramón Barrena gaña un certame de teatro coa obra Los Aparcacientos de Pacópolis, que se representó no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

Realiza chistes en La Voz de Galicia xunto coa deseñadora gráfica Consuelo Loureiro, para a revista Estilo Galicia e para o mensual Betanzos y su Comarca e para o mensual La Voz de Ortigueira. Colabora no programa de Radio Voz, Corre Carmela que Chove, dirixido por Siro López e no CANAL 60 TV da Coruña.

No 2000 é coordinador do suplemento de Humor Xatentendo.com, de La Voz de Galicia. Xunto co humorista gráfico Juárez realiza viñetas en Xatentendo.com.

En 2001 é galardoado coa Codorniz de Plata da Academia do Humor, formada por veteranos humoristas de La Codorniz, polo traballo desenvolvido no Xatentendo.com.

Mención especial nos Premios de Comunicación Xunta de Galicia, por Xatentendo.com.

Participa co ilustrador Juárez na Asociación Amigos do Museo de Fene na exposición Humor Galego de Fin de Século e noutra sobre a Muller Traballadora. Premio A Curuxa do Museo de Fene por Xatentendo.com. Colabora co ilustrador Xosé Tomás facendo chistes para Xatentendo.com.

En 2009, abre o blog: http://blogs.lavozdegalicia.es/manuelguisande/

En 2010, xunto co director Alfredo Pardo, Chantada Films guionista do curtometraxe Garabolis. Guionista para o programa de Voz TV Corre Carmela que Chove, que dirixe o caricaturista Siro López

Co Blog Al Fondo a la derecha queda no posto 22 do Premio Bitácoras.com, no apartado de Humor. No certame participaron case 13.000 bitácoras.

En 2011, o curtometraxe Garabolis é nominado para o Mestre Mateo do audiovisual galego. Xunto con Xosé Tomás, gana o premio Isaac Díaz Pardo da Asociación Galega de Editores ao mellor libro ilustrado de 2011.

Colabora na Compañía de Teatro Soledad Felloza, na obra Qué 20 años no es nada, cun monólogo dun dos actores.

Publicacións

Xunto co ilustrador Xosé Tomás publica, coa editorial Baía Edicións, 5 títulos da colección Rodribico.

Ligazón ao meu blog: Manuel Guisande

Xosé Tomás, ilustrador dos libros da colección de Rodribico

Nace en Betanzos no ano 1971. Licenciado en Filoloxía Inglesa. Profesor de Ensino Secundario (IES Melide). Ilustrador e habitual colaborador en distintos medios editoriais e de comunicación.

Nacín no outono de 1971 e no outono dun período de escurantismo e ignorancia. Concibo esta curta vida coma un cúmulo de baleiros que hai que ir enchendo. E desde 2005 unha nova luz deu máis sentido á miña existencia: o meu fillo revolvería os meus esquemas para estimularme o amor á creación e ao apaixonante mundo da infancia.

É Licenciado en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela, cursos de doutoramento en Lingüística pola Universidade da Coruña. Reside en Betanzos e actualmente exerce de Ilustrador e profesor de inglés no IES Melide. É habitual colaborador en distintos medios editoriais e de comunicación. Realizou estudios de 3º Ciclo pola Universidade de A Coruña. Área: Lingüística (Sociolingüística histórica). Membro da Asociación de Profesores de Inglés de Galicia e colaborador habitual na aplicación dos elementos plásticos e visuais ao ensino da lingua inglesa.

Publicacións

  • Rodribico aprende a voar. Colección Rodribico. Baía Edicións, 2010.
  • Rodribico e o mar. Colección Rodribico. Baía Edicións, 2010.
  • Rodribico vai ao circo. Colección Rodribico. Baía Edicións, 2010.
  • Rodribico visita a cidade. Colección Rodribico. Baía Edicións, 2010.
  • Rodribico e a noite. Colección Rodribico. Baía Edicións, 2010.
  • Carolina e os caracois. Colección Cempés. Baía Edicións, 2008.
  • O tempo do revés. Colección Meiga Moira. Baía Edicións, 2008.
  • Boa Sorte. Colección Meiga Moira. Baía Edicións, 2008.
  • Humorista gráfico de La Voz de Galicia (sección habitual na edición da Coruña).
  • Revista de Banda Deseñada Golfiño (banda deseñada e tira cómica).
  • Colaborador gráfico da revista Tempos Novos.
  • Colaborador gráfico da Revista Galega de Educación (Nova Escola Galega), sección propia “DOCENTES”.
  • María é maior, de Miguel Vázquez Freire. Xiz de Cor, Baía Edicións, 2007.
  • O Pirata Metepata, de Toño Núñez. Xiz de Cor, Baía Edicións, 2006.
  • Pósters didácticos para o Consorcio Audiovisual de Galicia (Proxecto “Audiovisual nas Aulas), campañas 2003, 2004, 2005, 2006, 2007.
  • Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. AGPI e Xunta de Galicia. 2006. Exposición: “Plantando Libros”.
  • Ilustración completa da Revista Plis-Plas (2000-2005).
  • O lume dos soños, de Cibrán Ulloa. Portada e interior. Libro gañador do Premio Meiga Moira de literatura infantil e xuvenil. Baía Edicións, 2004.
  • Un marciano neste mundo, de Mª Concepción Regueiro. Portada e interior. Libro finalista do Premio Meiga Moira de literatura infantil e xuvenil. Baía Edicións, 2004.
  • ¡Quero xogar! Como divertir ao tempo que estimulamos, Mª Teresa Mumary Ruibal e Mª Teresa Rodríguez Piñeira. Ilustración da cuberta e de todo o interior. Xogos educativos para nenos de ata 30 meses. Baía Edicións, 2003.
  • Exposición conxunta Colectivo Chapapote (2003).
  • Salón do Cómic de A Coruña “Viñetas desde o Atlántico”. Exposición conxunta (2002 e 2003).
  • Museo do Humor de Fene, decembro 2003. Exposición conxunta: “A represión franquista en Galicia”.
  • Banda Deseñada, deseño e guións para a campaña “O Cooperativismo na Escola”, Consellería de Traballo (Cooperativas de Galicia).
  • Técnicas de expresión escrita, de Isabel Arcay Veira e Begoña Martín Acero. Baía Edicións, 2002.
  • Todo vai III ¡Funciona! (Prácticas sinxelas de Física e Química), de Ramón Vilalta López. Baía Edicións, 2002.
  • Teatro para contistas, de Heidi Kühn-Bode. Baía Edicións, 2002.
  • Colección de filosofía “O Pensamento”. Deseño de portada. Baía Edicións.
  • Todo vai na natureza I (Prácticas sinxelas de bioloxía), de María Jesús Besteiro Cabanas, Carlos Pérez Valcárcel, Mª Sol Rodríguez Rodríguez e Tomás J. Vázquez Yánez. Baía Edicións, 2001.
  • Todo vai na natureza II (Prácticas sinxelas de bioloxía), de María Jesús Besteiro Cabanas, Carlos Pérez Valcárcel, Mª Sol Rodríguez Rodríguez e Tomás J. Vázquez Yánez. Baía Edicións, 2001.
  • Métodos estatísticos e numéricos 2º Bacharelato, de Ricardo Cao Abad, Aurora Labora Castro, Salvador Naya Fernández e Matilde Ríos Fachal. Baía Edicións, ilustracións para cada unidade, 2001.
  • Deseño e ilustración para as guías do Cooperativismo. Proxecto Espadelada. Consellería de Asuntos Sociais.
  • Deseño e ilustración para as Guías de prevención de Riscos Laborais. Proxecto Espadelada. Consellería de Asuntos Sociais.
  • Deseño e ilustración do CD-Rom “Alerta Cibernética – Os xogos Daestradix”. Aestradadixital.
  • CDRom – Alerta Cibernética. Proxecto AESTRADADIXITAL.
  • Ilustración e personalización de LINUX para AESTRADADIXITAL.
  • Ilustración cabeceiras para a web da Fundación Cultural da Estrada.
  • Deseño de fondos para páxina web sobre CONTIDOS EDUCATIVOS (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria: www.edu.xunta.es).
  • Aleph, estudios de Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade, ed. Academia Postal. Capítulo propio, “Os pecados capitais da tecnoloxía”.
  • Apúntate ós dereitos humanos, ed. Tris-Tram e Amnistía Internacional de Lugo.
  • Música 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria, e Guía do profesor, ed. Galinova.
  • O caderno azul (reedición). Deseño de portada. Colección Merlín, Edicións Xerais de Galicia, S.A.
  • A Malvada María Xosé (reedición). Deseño de portada. Colección Merlín, Edicións Xerais de Galicia, S.A.
  • Fotomontaxes para Galego 1º BACH. Editorial Rodeira-Edebé.
  • Fotomontaxes para Galego 2º BACH. Editorial Rodeira-Edebé.
  • Manual de Primeiros Auxilios do 061 de Galicia. 061-Galicia.
  • Guía de actuación en urgencias prehospitalarias. 061 –Galicia.
  • Historia da Música. Bacharelato Humanidades e Ciencias Sociais. Editorial Galinova (deseño da contracuberta).
  • A Lingua en Exercicios, E.S.O.. Portada. Editorial Galinova.
  • Dos avogados e da Xustiza, no sentir popular Colaboración interiores. Deputación Provincial de Ourense.
  • Cadernos da Lingua. Editorial Rodeira-Edebé.
  • Lingua Galega 6º Ed. Primaria. Editorial Rodeira-Edebé.
  • A Pantasma do Colexio / El fantasma del colegio (versión galega e española). Edebé-Rodeira.
  • Póster e ilustracións para a obra teatral “Alerta Cibernética”. Fundación Cultural da Estrada. Grupo Tirinautas.
  • Deseño gráfico para o autobús da Estrada. Proxecto “Aestradadixital”.
  • Deseño gráfico e imaxe corporativa: Sycigal, S.L., Ártbra Telecomunicaciones, Rectoral de Lestedo.
  • Storyboard para o spot en plastilina da campaña “O Cooperativismo na escola”. Consellería de Traballo e Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
  • Sala de exposicións do Edificio Liceo, Betanzos 1998.

Exposicións

  • Museo do Humor de Fene, marzo 2001. Exposición conxunta: “Coa muller”.
  • Museo do Humor de Fene, decembro 2000. Exposición conxunta.
  • Museo do Humor de Fene. Exposición conxunta permanente. Obra exposta: A viaxe da ilusión e outras.

Correo electrónico: Xosé Tomás

Ligazón á miña páxina web: Xosé Tomás

Ligazón ao meu blog: Xosé Tomás