Baía conta con varios candidatos nos premios Follas Novas do Libro Galego
Felices de contar con catro dos nosos títulos como candidatos na primeira fase de selección da edición deste 2022 dos premios Follas Novas do Libro Galego. Nesta edición dos Follas Novas ampliouse o proceso de elección dos premios cunha nova fase antes da designación de finalistas. Os premios Follas Novas están organizados pola Asociación de Escritoras en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia. Os candidatos son:
Divulgación
Desmontando o corpo, construíndo a ciencia. As xemelgas Fernández de la Vega, de Andrea Barreira.
Infantil
Don Carlos e o misterio dos lucecús, de Patricia Torrado Queiruga, ilustrado por Xan López Domínguez.
Libro ilustrado
XelArias, palabra á intemperie, de Emma Pedreira, ilustrado por Laura Romero.
Teatro
República Sideral, de Esther F. Carrodeguas.