Baía presenta DRÁCULA e O MAGO DE OZ na Feira do Libro de Pontevedra
Baía Edicións convoca o Acto de Presentación dos libros DRÁCULA e O MAGO DE OZ, traducidos por Tamara Aymerich Correa, que terá lugar na Carpa de Presentacións da Feira do Libro de Pontevedra, o xoves día 7 de abril ás 18:00 horas.
Contaremos coa presenza de Veljka Ruzicka (Vicepresidenta da Asociación Nacional en Investigación de Literatura Infantil y Juvenil) e profesora da UVigo, Tamara Aymerich Correa e Belén López Vázquez (Directora Editorial de Baía Edicións).
Esperámosvos!!!