Cedro crea unha web para a lectura legal de publicacións
Calquera empresa, institución ou particular poderán adquirir unha licenza para usar, fotocopiar ou distribuír algunha das obras protexidas.
A sociedade de xestión de dereitos de autor Cedro creou www.conlicencia.com, o primeiro portal dixital do mundo con capacidade para autorizar no momento o uso legal, reprodución ou lectura de anacos de publicacións de texto a petición de usuario.
A través da web, calquera empresa, institución ou particular poderán adquirir unha licenza para usar, fotocopiar ou distribuír algunha das obras protexidas por dereitos de autor que estarán dispoñibles, mediante o pagamento dunha tarifa plana.
Esta plataforma permite tanto a reprodución como a lectura ou uso de contidos de libros, revistas, periódicos e partituras musicais en catro pasos: desde a procura, selección e acceso ao material ata solicitar a súa licenza de uso e pagar por iso, todo na mesma xestión.
Nun único lugar o usuario pode atopar toda a información, xa sexa usuario habitual ou esporádico, xa que existe a posibilidade de comprar en liña licenzas xerais, anuais, enfocadas a traballos de institucións, como son as universidades, ou por uso.
Fonte: La Voz de Galicia