Celebramos hoxe o Día das Escritoras

Hoxe, 18 de outubro, celebramos o Día das Escritoras, día que se convoca o luns máis próximo á data do 15 de outubro. É unha conmemoración iniciada en España en outubro de 2016 para recuperar o legado das mulleres escritoras, facer visible o traballo das mulleres na literatura e combater a discriminación que sufriron ao longo da historia.

O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa  Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

Desde Baía Edicións queremos felicitar a todas e cada unha das escritoras do panorama editorial e concretamente a todas as que confiaron en Baía Edicións para xestionar as súas publicacións! Parabéns!