Comeza a Feira do Libro de Pontevedra 2013
A Feira do Libro de Pontevedra desenvolverase no Paseo de Odriozola desde o 22 ao 26 de maio. Os stands de exposición e venda de libros estarán abertos de 11 a 14 horas e de 17 a 21 horas. A fin de semana o horario será de 11 a 14.30 e de 17 a 21.30 horas. Os autores asinarán exemplares dos seus libros nos espazos das librerías no evento.
Programa da Feira
22 de maio. Mércores.
18.00 Contacontos: O Cullarapo Croque, de Miguel Ángel Alonso Diz, actividade organizada por por Nova Galicia Edicións.
19.00 Inauguración. Actuación do grupo música tradicional Os Alegres, de Pontevedra Intervencións institucionais.Dentro dos actos inaugurais, espectáculo cómico – musical a cargo de Ratman & Bobyn.
19.00 Montse Fajardo asinará exemplares do libro Matriarcas ns caseta de Libraría Paz.
20.00 Santiago Lopo asinará exemplares do seu libro Hora Zulú, publicado por Editorial Galaxia, na caseta da Libraría Paz.
20.00 Pilar Martínez asinará exemplares do seu libro A Galiña roxa, publicado por Kalandraka Editora, na caseta de Libraría Seijas.
20.00 Teatro Antroido representa Vida e obra de Roberto Vidal Bolaño, charla posta en escena entre a actriz Laura Ponte e o dramaturgo e fillo do autor, Roi Vidal Ponte.
23 de maio. Xoves.
18.00 Contacontos: Un reino complicado, a cargo de Fátima Fernández, na caseta da Biblioteca da feira.
18.00 Presentación do libro Miniaturas de Eugenio Granell. Música revelada. Participarán no acto Ramón Piñeiro (director artística) e Alejandro Vargas (compositor e director musical), que interpretará varias cancións do disco.
18.30 Nieves Abarca asinará exemplares dos seus libros Crímenes exquisitos e Martiryum na caseta de Cronopios Libros
19.00 O escritor Ramón Caride, presenta o seu libro Endogamia 0.2 (segunda entrega do proxecto AKTUAL, da colección Fóra de xogo), publicado por Edicións Xerais de Galicia. Participarán no acto Manuel Busto, Fran Alonso e o autor.
20.00 Presentación da novela Faneca brava, do escritor Manuel Portas, publicada por Edicións Xerais de Galicia. Xunto co autor, participarán no acto Antón Sobral e Fran Alonso.
24 de maio. Venres.
18.00 As marionetas do mundo e os mundos de Barriga Verde. Charla coloquio sobre os títeres galegos realizada por Comba Campoy, investigadora sobre a tradición de títeres galegos e Anxo García, titiriteiro e recuperador do espectáculo de Barriga Verde.
Presentación do DVD – libro Morreu o demo, acabouse a peseta, publicados pola Asociación Cultural Morreu o Demo.
19.00 A escritora Fina Casalderrey asinará exemplares do seu libro Fiz o coleccionista de medospublicado por OQO Editora, na caseta de Libraría Seijas.
19.00 O escritor Manuel Loureiro asinará exemplares de Apocalipsis Z, de Panini, na caseta de Libraría Paz.
19.00 Presentación do libro As lambetadas dos Larpeiros, publicado pola Editorial Galaxia, coa participación de Merche Rodal, autora do libro, o escritor Xosé Cermeño e Francisco Castro, representante da editorial.
20.00 Presentación do libro +cd + dvd De roda en roda. Música e danzas do mundo, de Suso Cancela, Pilar Sampile Javier Jurado, publicado por Editorial Galaxia. Participarán no acto Suso Cancela e Pilar Sampil. Ao remate, haberá unha demostración de danzas do mundo a cargo de bailadores e bailadoras á que poderá sumarse todo o público que o desexe.
25 de maio. Sábado
12.30 O escritor Pedro Feijóo asinará exemplares do seu libro Os fillos do mar
13.00 Obradoiro de maxia: Escola de Maxía, impartido por Cucarandainas.
18.00 Contacontos na libraría Cronopios Libros.
18.00 Teatro Babaluva representa o seu espectáculo infantil Babacontos.
18.30 María Reimóndez asinará exemplares do seu libro En vías de extinción, publicada por Edicións Xerais de Galicia, na caseta da Libraría Paz.
19.00 Elena Gallego Abad na feira do libro. Sinatura encontro cos lectores da triloxía Dragal, (a serie do dragón galego), publicada por Edicións Xerais de Galicia.
19.00 Presentación do libro Feminismos de Olga Castro e María Reimóndez María Reimóndez, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Participan no acto Manuel Bragado, director xeral da editorial e a autora do libro.
20.00 A escritora Valentina Formoso, presenta o seu libro Do estigma á estima, publicado por Edicións Xerais de Galicia.
20.00 Kiko Dasilva asinará exemplares dos seus libros na caseta de libraría Seijas.
26 de maio. Domingo.
12.00 Alberte B. Casal asinará exemplares do seu libro Arcadia. Os gardiáns do secreto, publicado por Circulo Rojo Editorial, na caseta da libraría D-Lectum.
13.00 Contos para quitar os medos. Contacontos a cargo de Paula Carballeira
18.00 Actuación de Susa Herrera, coas cancións dos seus libros para nenos. Ao remate do acto, asinará exemplares dos seus libros Cabárceno, Animais encantadores e Todos os animais ao caixón, na caseta de Libraría Seijas.
19.00 Tomás Gómez Ahola asinmará exemplares do seu libro Galiza Mutante, poder nuclear, publoicado por Urco Editora, na caseta da Libraría Paz
19.00 Presentación do libro Nair, de José Estévez López, publicado pola editorial Redelibros. O autor falará deste libro e de Fugaz coincidencia, de mesma colección.
19.30 Presentación do poemario Viaxe sen cancelas, de Xesús Bermúdez Tellado, publicado pola editorial Redelibros.
20.00 Presentación do libro Nada se esquece, de Puri Ameixide publicado pola editorial Redelibros
A partires das 19.00 horas, os autores asinarán exemplares dos seus libros na caseta da Libraría Cartabón.
Fonte: AGE