Comeza a Semana das Letras Galegas
O Día das Letras é unha data consagrada á exaltación e promoción da nosa literatura e da nosa lingua arredor da cal celébranse no noso país, e non estranxeiro, numerosas producións e eventos culturais de homenaxe á figura escollida. O 20 de marzo de 1963, coincidindo co centenario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, os académicos de número Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo propuxeron a celebración do Día das Letras Galegas.
Numerosas entidades e institucións de Galicia anunciaron actividades ao longo de toda a Semana das Letras Galegas.
Sesión extraordinaria da RAG
A sesión plenaria extraordinaria pública da Academia celebrarase no Teatro Principal de Santiago de Compostela, cidade natal de Roberto Vidal Bolaño, e contará coa intervención dos seguintes membros de número da Academia: Margarita Ledo Andión, Euloxio Rodríguez Ruibal e Francisco Fernández Rei.
Acto da Xunta
Anxo Lorenzo explicou que a Xunta trasladou os actos da Xunta para o 16. Será ás 18.00 horas non Salón Teatro de Santiago e asistirá o Presidente da Xunta, o alcalde da cidade ou o propio Secretario Xeral.
Fonte: AGE