Con gran éxito de público botou andar o sábado o Outlet do Libro Galego de Compostela
Con gran éxito de público botou andar o sábado o Outlet do Libro Galego de Compostela. Durante a fin de semana un gran número de público de todas as idades abarrotou as instalacións da Fundación Nova Caixa Galicia, na rúa do Vilar de Santiago. Con 10 euros unha familia pode levar cinco libros de agasallo para os pequechos. Ademais de fondos de literatura infantil e xuvenil, a tenda outlet dispón de guías da natureza, libros de arte, ensaios etnográficos, novelas, gastronomía, historia etc. A variedade de xéneros e de títulos foi destacada polos visitantes. As obras que se puxeron á venda, procendentes de 17 editoras están xa descatalogadas.
As instalacións permanecerán abertas até o día 14 de abril ás 9 da noite.
Calendario dos outlets
A maior parte dos fondos estarán dispoñibles aos seguintes prezos: 1 libro a tres euros, 2 volumes a cinco euros e 5 a dez euros. Ademais, as edicións especiais e as obras de grande formato poderán adquirirse a prezos de 10 e 15 euros.
- Santiago de Compostela. 6 ao 14 de abril.
- Pontevedra. 20 ao 28 de abril.
- Ourense. 4 ao 12 de maio.
- O Barco de Valdeorras. 18 ao 26 de maio.
Fonte: AGE