Convocada a edición número 23 dos Premios Irmandade do Libro
A Federación de Librarías de Galicia vén de convocar os XXIII Premios Irmandade do Libro, cos que a organización libreira de Galicia quere render homenaxe aos que durante o ano 2013 destacaron no seu traballo para que o libro e a lectura segan a ter un presente activo e un futuro determinante para a sociedade galega. Os premios recoñecen as seguintes modalides: Centros de Ensino, Librarías, Fomento da Lectura, Libro do Ano,Libro Infantil e Xuvenil do Ano,Obra Editorial, Autor – Autora.
As bases dos premios poden consultarse na web dos libreiros galegos. A entrega de premios será na localidade coruñesa de Rianxo o día 5 de abril.
BAÍA EDICIÓNS gañou o Premio a OBRA EDITORIAL DO ANO 2012 polas GUÍAS DA NATUREZA Baía Verde. Este recoñecemento nos Premios Irmandade do Libro á colección Guías da natureza Baía Verde tivo unha especial importancia para nós porque describe case a nosa traxectoria vital, como empresa e como proxecto cultural desde os seus inicios no ano 1990, un ano antes da publicación da primeira edición da Guía de aves de Galicia. Máis información
Fonte: AGE