Desproporción entre a oferta e a demanda de libros electrónicos
O sector editorial está facendo un esforzo moi importante por dixitalizar a produción dos seus libros. No ano 2011 a industria editou 40.328 títulos, un 243% máis, en relación ao ano 2010. A comercialización non tivo os resultados agardados polas editoriais, producíndose un desfase entre a oferta e a demanda.
No sector preocupa tamén a subida do ive do libro dixital, que pasa do 18% ao 21%. Ese incremento de tres puntos van supoñer unha diminución da demanda e non animan aos lectores a compatibilizar a lectura dixital e a do soporte tradicional. A medida tamén dificulta a comercialización na etapa na que máis esforzos se están a facer para incorporar os contidos a soportes electrónicos.
Os editores europeos reivindican o ive reducido do libro dixital.
Fonte: AGE