Dezaseis organizacións empresariais e profesionais secundan o Foro Reimprímete
O 23 de abril terá lugar a lectura do manifesto de convocatoria e constitución do Foro Reimprímete, unha iniciativa da Asociación Galega de Editores e do Clúster Gráfico e do Libro Galego. O acto terá lugar nas instalacións da Fundación Caixa Galicia en Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela ás 11:00 horas da mañá e contará coa presentación e lectura dun manifesto que correrá a cargo da escritora Rosa Aneiros, documento que reivindicará a importancia cultural, educativa e socioeconómica do papel, do libro e da propiedade intelectual dentro do proceso de hibridación que se establece coa intervención dos novos soportes tecnolóxicos. O acto conta co apoio dezasete entidades empresariais e profesionais que representan a máis de 500 empresas e a máis de 1.300 profesionaisde toda a cadea de valor do sector.
– Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego (CPGLg).
– Asociación Galega de Editores (AGE).
– Asociación de Empresarios de Artes Gráficas de Galicia (AEAGG).
– Federación de Librarías de Galicia.
– Asociación Galega da Literatura Infantil e Xuvenil (GALIX).
– Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG).
– Asociación de Profesionais da Ilustración (AGPI).
– PEN Club de Galicia.
– Asociación Galega de Marketing (MARKEA).
– Asociación de Bibliotecarios Municipais de Galicia.
– Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI).
– Asociación de Periodistas de Galicia (APG).
– Colexio de Xornalistas de Galicia (CXG).
– Asociación Galega de Deseñadores (DAG).
– Agrupación de Distribuidores de Libros y Ediciones en Galicia (ADILE).
– Consorcio Editorial Galego.