Día da Galiza Mártir na Coruña
O vindeiro luns, día 16 de agosto, ás 19.30 h celebraremos o Día da Galiza Mártir na Coruña.
Logo de vernos na obriga de adiar, por mor da COVID, esta actividade o ano pasado retomámola este 2021 e realizaremos o acto de homenaxe diante do monumento a Bóveda na rúa que leva o seu nome (na zona de Catro Camiños).
Este ano queremos facer algo especial que sexa homenaxe máis tamén momento para estar xuntas e por iso queremos festexalo e así contaremos con Susana Seivane que nos ofrecerá un pequeno concerto.
Teremos tamén con nós a Mercedes Queixas que elaborou o folleto dedicado a Elvira Bao, mestra represariada e con Ana Romero que elaborou o folleto dedicado a María Barbeito, mestra e pedagoga tamén represariada.
Aquelas persoas que nos acompañedes recibiredes de agasallo os dous últimos números do folleto de Mulleres de Palabra: o dedicado a Elvira Bao Maceiras e o dedicado a María Barbeito.
Ao ser ao aire libre non é necesario inscribirse.
Fonte: : Asociación Cultural Alexandre Bóveda