De como costume de Chisco e Maribel de mirar paxaros derivou en “andar ás crebas” e deu lugar a este fermoso libro
As Crebas. Outro xeito de andar ao mar (2014), Francisco Fernández Naval e Maribel Longueira. Baía Edicións
Despois deste longo inverno de temporais continuos, a chegada do bo tempo permitiranos descubrir polas praias galegas multitude de obxectos que deitou o mar, auténticas xoias de fascinación e misterio. Falamos das Crebas (ou quebras) definidas, para quen descoñeza o termo, así no diccionario da RAG: Restos de naufraxios ou cargas dos barcos que o mar arrastra ata a costa.
Neste libro, Francisco Fernández Naval e Maribel Longueira recollen e harmonizan o material de análise e estudo que foron xestando en diversos foros e proxectos desde que descubriran a palabra crebas das súas veciñas de Sestelos, dando así nome a unha actividade que levaban anos practicando no concello de Carnota. E co descubrimento do termo fixéornse donos das crebas -como dicía Cunqueiro- e desdencadeuse a marea de estudo, análise e creatividade que deu lugar a algunha proposta científica sorprendente reflectida neste libro, que recomendamos.
Todo neste proxecto é fascinación e descubrimento, pois como alega o autor no prólogo …”que fai alguén dunha provincai interior coma min, tentando explicar e interpretar algo tan oceánico? Cando empecei a descrubir o mundo, cando aprendín o fermosa que pode ser a actividade de observar paxaros, alguén me dixo o importante que era aprender a ver e sempre, sempre, sentir. Quizais todo se reduce a iso, no bosque interior ou no aberto areal.” Fermoso!