Dores Tembrás gaña o Concello de Carral de Poesía
O Certame de Poesía Concello de Carral foi para Dores Tembrás na súa XVI Edición. O xurado deu a coñecer onte o seu fallo, no que considerou a obra Cronoloxía da urxencia como a mellor entre as 38 que se presentaron ao certame. No fallo destácase que o de Tembrás é un traballo “enfiado arredor do amor e a paixón cun sentido positivo da existencia, poñendo en valor a simboloxía dos traballos da casa e do campo, resultando unha poética con raíces”. Asi mesmo destaca a “depurada linguaxe” da autora e o carácter “equilibrado e unitario” da obra. O premio está dotado con 2.000 euros e mais a publicación da obra, e entregarase o vindeiro 31 de maio.
Fonte: Culturagalega