Exposición NÓS SOMOS ELAS
A exposición NÓS SOMOS ELAS, organizada pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda, xunto coa Área de Igualdade da Deputación da Coruña, e a colaboración do Concello de Laxe, permanecerá na Mariña desde o 1 ata o 30 de agosto.
Son 24 fotografías do fondo do Arquivo Fotográfico Vidal que forma parte da colección permanente do Museo do Mar de Laxe e vinte e catro voces poéticas para servir de elo coa imaxe:
- Ana Romaní
- Antía Otero
- Berta Dávila
- Chus Pato
- Clara Vidal
- Dores Tembrás
- Eli Ríos
- Emma Pedreira
- Estíbaliz Espinosa
- Eva Veiga
- Helena Villar Janeiro
- Lucía Aldao
- Lucía Novás
- Luz Pozo Garza
- María do Cebreiro
- Marica Campo
- Marta Dacosta
- Medos Romero
- Mercedes Queixas
- Miriam Ferradàns
- Olga Patiño
- Pilar Pallarés
- Rosalía Fernández Rial
- Yolanda Castaño
NÓS SOMOS ELAS quere ser a memoria do futuro. Se as fotos de Xosé Vidal son a memoria do pasado, a poesía é a memoria do futuro, é o plano para ollar, para volver a remirar.
Contra a desmemoria e o silenciamento do mundo rural e mariñeiro, a forza das mulleres que miran (nos) e semellan tamén escoitar o que temos que dicir.
NÓS SOMOS ELAS é o eloxio desde mundo rural e mariñeiro que dá visibilidade a certo vínculo emocional entre esa fotografía de mulleres e a palabra poética. Palabra poética que abre portas a entender, mais tamén que respecta o misterio, a beleza, o deleite nu…
Vinte e catro fotografías e vinte e catro poetas, desde as novísimas ás consagradas… para prestar vida a través da palabra, para descubrir sutilezas, praceres, significados, historias fracturadas…
Esta exposición Nós Somos Elas quere ser tamén unha mensaxe de esperanza, a certeza de que o futuro será mellor.