FEIRA DAS CULTURAS DE COMPOSTELA

O colectivo Editores de Compostela, integrado por Alvarellos Editora, Contos Estraños Editora, Edicións Positivas, Hugin e Munin, Sotelo Blanco Edicións e Urco Editora, en colaboración coa xerencia do Centro Comercial Área Central, vai desenvolver, neste espazo, a Feira das Culturas. O devandito evento dará comezo en outubro e terá periodicidade mensual, sempre o primeiro sábado de cada mes.

Trátase dun punto de encontro para todos aqueles que colaboran na produción cultural en calquera das súas manifestacións (literatura, artes gráficas, música, artes escénicas, gastronomía etc.) dentro da comarca de Compostela.

Habilitarase un espazo dentro do centro comercial para que se poida dar a coñecer o voso traballo durante toda a xornada, contando cos mellores medios técnicos e humanos, un escaparate único para achegarse á cidadanía nun evento con vocación de continuidade.