Feliz 8 de marzo a todas, malia os datos que confirman a nosa situación
Este sábdo 8 de marzo, parece que a Natureza nos vai regalar luz. Anímovos a tirar coa apatía e invernía e saíde á rúa, tomade aire e compartide coas amigas as vosas reflexións sobre como podemos mudar a situación do noso colectivo, porque os datos do último ano son desastrosos para as mulleres. E se non damos coa solución, canto menos aproveitemos para ser felices.
Deixo algún tomado de aquí e acolá, pois nen sequera hai información suficiente:
A fenda salarial entre homes e mulleres: varía entre un 10 e un 23% según as fontes.
As mulleres máis expostas ao desemprego en Galicia son as que teñen entre 16 e 24 anos, cunha taxa do 32,1%.
A metade das paradas galegas sono de longa duración.
Case unha de cada catro mulleres en Galicia atópanse en risco de pobreza ou exclusión social
45 mulleres asasinadas no 2013.
Hai un 60% de mulleres nas universidades galegas pero só un 10% chega a postos directivos.
http://www.ige.eu/estatico/estat.jsp?ruta=html/gl/salarios/EstruturaSalarial_ResumoResultados.html