Ferrín recibirá o premio “Otero Pedrayo” pola súa carreira literaria
O galardón é financiado a medias pola Xunta e as catro deputacións de Galicia.
Xosé Luís Méndez Ferrín recollerá o galardón “Otero Pedrayo”, organizado polas catro deputacións do país, o 26 de maio en Ourense; segundo explica a Deputación de Ourense nun comunicado.
A institución ourensá detalla que asinou un convenio para financiar o premio, que este ano tócalle organizar a ela. En virtude dese acordo, a Consellería de Educación aportará 15.000 euros, a metade do orzamento do galardón. O resto será aportado polas outras administracións públicas, incluída a organizadora, que preside José Manuel Baltar.
A Deputación de Ourense salienta que co premio búscase promover os “valores propios” do páis, ademáis de, loxicamente, promocionar o coñecemento da obra do escritor Ramón Otero Pedrayo. Por ser unha peza clave na literatura galega contemporánea, Ferrín recibirá a distinción o 26 de maio no Centro Cultural Marcos Valcárcel.
Fonte: Galicia Confidencial