Galicia, no terceiro chanzo do podio das comunidades que máis figuran en Twitter
A nosa terra acáelle a Twitter coma unha luva, ou ao revés. Así nolo conta Alberto Quian este mércores, a través dunha exhaustiva e interesante reportaxe sobre até que nivel se están a producir chíos na dita rede social que mencionen a Galicia: unha media diaria de 1.422. Isto sitúanos aos galegos como os terceiros máis twitteados de todo o conxunto do Estado, deixando ás nosas costas un ronsel de preto de 4 millóns de chíos incluíndo referencias á nosa terra. Dende logo e tal e e como era de agardar, a traxedia de Angrois amosou un importante potencial á hora de facer subir as cifras das estatísticas, sendo un tweet da Policía para doar sangue logo do sinistro do Alvia o que máis repercusión acadou de tódolos devanditos.
Alberto Quian tamén nos lembra que da cifra dos case 4 millóns de chíos, unicamente 721.253 foron xeolocalizados na nosa xeografía, ou sexa só o 19%. Por comunidades, Madrid con 257.881 e Andalucía con 202.622 son as que máis semellan interesarse polas nosas cousas na comunidade 2.0.
Fonte: codigocero.com