Gañadores do concurso d’O CARBALLO con Cultura galega
Baía Edicións e Cultura Galega quixeron agasallar cun libro sobre a árbore máis característica do noso país. Para gañar só tiñas que demostrar que coñecías O CARBALLO. Cinco libros d’O Carballo de Baía Edicións foron sorteados entre aqueles que contestaron correctamente unha sinxela pregunta: Como se chama o froito do Carballo?
Entre todos os nomes dos participantes levouse a cabo un sorteo cun programa de selección aleatoria que elixiu cinco nomes de xeito correlativo.
Respostas correctas: Landra ou belota (as dúas están recoñecidas pola RAG)
E os gañadores/as foron:
1. Mar Iglesia Cabaneiro
2. ÁngelaÁlvarez Morandeira
3. Sergio Rojo Martínez
4. Antón Romero Ces
5. Mar Corbelle Valiño
Parabéns a todas e todos!