Hoxe presentamos a Henri, o mosquito, defendendo á cantante Miss Turata
Moscas e mosquitos adoitan aparecer á vez, coa chegada da calor, mais non todos son tan excepcionais como Henri, o mosquito da imaxe, a quen vemos na imaxe defendendo á cantante Miss Turata das avespas macarras. É de recibo recoñecer que Miss Turata é unha libélula tamén excepcional.
Tal é a excepcionalidade de Henri, que o seu creador, Raúl Dans, recibiu o X Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na modalidade infantil.
Parabéns a Raúl Dans, a Henri e a Jacobo Serrano, polos fabulosos retratos das aventuras e desventuras de Henri.
Sabías que:
Moscas, mosquitos e tábanos pertencen todos á unha única orde, a DIPTERA, que en xeral son magníficos voadores. No mundo hai catalogadas 100.000 especies distintas, 15.000 delas están en Europa
Fonte: Insectos de Galicia, Jose Manuel Parada, Xosé lois Rei muñiz e Carlos rey Rañó (Bahía Edicións, 1997)