Hoxe sería o aniversario de Isaac Díaz Pardo

Non podemos deixar hoxe no esquecemento a Isaac Díaz Pardo, no que sería o seu 93 aniversario.

Intelectual, artista e empresario  que se impuxo a tarefa de preservar, fortalecer e reconstruír a cultura e a memoria de Galicia. Acometendo facetas de empresario cultural, deseñador industrial, escritor, editor, promotor e mecenas de proxectos, mecenazgo que chegou á Asociacion Galega de Editoras (da que formamos parte)  a través da cesión dun local no IGI para poder acomodarnos ate a súa morte. Nese local admirábame a súa figura vestida coa habitual chaqueta negra no seu despacho no IGI, un ser tan pequeniño  en tamaño e tan grande en proxectos.

Controvertido e discutido, como todos os seres libres que loitan polo ben colectivo. Grazas por terdes existido!