Máis de 36 bibliotecas galegas celebran mañá o Día Internacional do Libro Infantil

Un total de 36 bibliotecas galegas confirmaron que realizarán algunha actividade mañá con motivo do Día Internacional do Libro Infantil, que se celebra recordando a xornada na que naceu o autor de contos tradicionais Hans Christian Andersen.

Espérase que ao longo de hoxe e mañá haxa máis adhesións en Galicia á celebración.

Na provincia da Coruña, de momento, rexístrase o maior número de bibliotecas participantes, un total de 19. No caso de Pontevedra, confirmaron a súa participación un total de nove. A gran maioría realizarán un bookcrossing, préstamo público de libros que se depositan en sitios non asiduos para a lectura.

No caso de Ourense e Lugo, en cada provincia, catro provincias realizarán actos con motivo da xornada, segundo informa a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) que propón realizar actividades de contacontos, bookcrossings, concursos ou outras actuacións.

Nesta edición, darase a coñecer a mensaxe da escritora Pat Moura, escritora méxico-americana de contos e poesía para nenos, en forma de poema que fala de “misteriosos castelos”, de “árbores en flor”, de nenas valentes, de “ler xuntos”.

Fonte: Faro de Vigo