María Xosé Queizán e Sarabela Teatro, entre outras, reciben o Premio da Cultura Galega
A escritora viguesa María Xosé Queizán recibiu o Premio da Cultura Galega 2016 na categoría de Letras pola súa traxectoria como narradora, poeta e ensaista na que defendeu os valores do feminismo. Obras como “Amantia”, “Metáfora da Metáfora” e “Recuperemos as mans” son exemplo diso. Queizán, que dirixe agora a revista Festa da Palabra Silenciada, é membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Indicamos os premios das oito modalidades para distinguir a excelencia no traballo nos diferentes ámbitos culturais.
- Premio Cultura Galega de Letras: María Xosé Queizán .
- Premio Cultura Galega de Artes Plásticas: Miguel Fernández-Cid.
- Premio Cultura Galega de Artes Escénicas: Sarabela Teatro.
- Premio Cultura Galega de Música: Maximino Zumalave .
- Premio Cultura Galega de Audiovisual: cooperativa Numax .
- Premio Cultura Galega de Lingua: Irmandade Xurídica Galega .
- Premio Cultura Galega de Patrimonio Cultural: Museo de Pontevedra .
- Premio Cultura Galega de Proxección Exterior: Elena Zernova .
Parabéns as todas e todos!!!