Mobilizacións no Día Internacional de Eliminación da Violencia contra a Muller
O venres 25 de novembro de 1960 foron asasinadas as tres irmás Mirabal por orde do ditador dominicano Rafael Leónidas Trujillo. A sociedade dominicana sentiu moito as súas mortes, e moito máis no momento en que a prensa do país intentou ocultar o feito, converténdoo nun burdo accidente de estrada, e deste xeito presentouno nos diarios do país.
Trujillo (Rafael Leónidas Trujillo, 24-10-1891/ 30-5-1961), o dictador dominicano, realizara un dos seus actos represivos aos que xa tiña afeita á sociedade dominicana, pero, o que non puido adiviñar, é que este supoñería o inicio do seu fin (e da súa dinastía política) e acabaríase convertendo nun feito digno de recordo a nivel mundial e anualmente.
Non pasara un ano cando Trujillo foi asasinado (axusticiado dicían algúns diarios), e este atentado puxo final á súa vida, acabando coa ditadura.
O asasinato das irmás Mirabal, e o seu intento de encubrimiento, supuxo un fito na visión da muller e a seu estatus. Así en 1981 realizouse en Bogotá (Colombia), o Primeiro Encontro Feminista de Latinoamérica e do Caribe. E unha das decisións de devandito encontro foi a de que a partir dese mesmo momento o día 25 de novembro (recordatorio do asasinato), sería o Día Internacional de Non Violencia contra as Mulleres. Anos máis tarde, en 1993, a Asemblea Xeral da Nacións aprobaría a Declaración sobre a Eliminación da Violencia contra a Muller. Nela acabou definindo a violencia cara á muller como “todo acto de violencia baseado no xénero que ten como resultado posible ou real un dano físico, sexual ou psicolóxico, incluíndo as ameazas, a coerción e a prohibición arbitraria de liberdade, suceda este feito na vida pública ou na privada”. Seguindo nesta liña a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, na súa resolución 54/134 de 17 de decembro de 1999, resolveu que a partir do ano seguinte o 25 de novembro sería a data estipulada como Día Internacional de Eliminación da Violencia contra a Muller.
Mobilizacións 25 de novembro.
- A Coruña, 20:00 h. Obelisco.
- A Estrada, 20:30 h. diante do Concello.
- A Gudiña, 20:00 h. diante da Casa do Concello.
- Ames, 18:00 h. na Praza do Concello.
- As Pontes, 20:30 h. na Praza do Hospital.
- Betanzos, 20:00 h. no Palco da Música.
- Cambados, 19:30 h. Saída do Concello/Praza Asorei.
- Carnota, 20:00 h. na Praza da Pedra.
- Cee, 20:30 h. na Praza 8 de Marzo.
- Celanova, 20:00 h. na Praza Maior.
- Compostela, 20:00 h. na Praza 8 de Marzo.
- Ferrolterra, 19:00 h. no Cantón de Molíns.
- Lugo, 20:00 h. diante do Concello.
- Marín, 20:30 h. na Praza 8 de Marzo.
- Melide, 20:00 h. na Praza do Convento.
- Miño, 19:00 h. na Praza do Parchís.
- Monforte, 20:30 h. na Praza de España.
- Ourense, 20:00 h. na subdelegación do Goberno.
- Padrón, 20:00 h. na rúa Rosalía de Castro.
- Pontevedra, 20:00 h. na Peregrina.
- Rianxo, 20:00 h. na Praza de Castelao.
- Ribeira, 20:00 h. na Praza do Concello.
- Sarria, 20:30 h. na Praza da Vila.
- Val Miñor, 20:00 h. no cruce da Ramallosa.
- Verín, 20:30 h. na Praza do Concello.
- Vigo, 20:00 h. cruce de Vía Norte con Urzaiz.
- Vilalba, 20:30 h. na Praza da Constitución.
Fina Casalderrey atrévese a tratar o tema da violencia contra as mulleres desde os ollos dun neno, ofrecendo un relato que sen dramatismo, pero con toda a clareza, pon de relevo a manifestación máis dolorosa da desigualdade de xénero». XELA VOLVEUSE VAMPIRA!!, de Fina Casalderrey e ilustracións de Noemí López Vázquez.