Nace unha plataforma de distribución de ebooks para nenos
Acaba de nacer unha nova proposta para o libro electrónico e as aplicacións para rapaces, a Magic Town. O recurso é unha plataforma de entretenimento educativo creada co apoio de importantes editoriais como Hachette, Orchard Books, Oxford University Press o Simons & Schuster, que en colaboración con asociacións de pais, mestres, escritores e tecnólogos, crearon un mundo virutal que ofrece os mellores libros dixitais, aplicacións de debuxos e xogo.
Personaxes da literatura infantil inteactuan cos a través das suxerentes imaxes e textos que denominan Libros Vivos( Live Books). Son os libros enriquecidos que conteñen aplicacións nas que se pode ler e tamén xogar e debuxar. A idea de poñer todos os contidos baixo un mesmo paraugas, segundo a información recollida por Lecturalab en DBOX. e a de ofrecer aos pais unha ferramenta na cal poder escoller mellor e con máis facilidade as coleccións e libros para os seus fillos.
Fonte: AGE