O anteproxecto de Lei de Propiedade Intelectual elimina os dereitos de autoría do libro educativo
O presidente de CEDRO, Pedro de Andrés, asegura nunha entrevista realizada para blog da entidade, que o anteproxecto de Lei de Propiedade Intelectual acaba cos dereitos de autoría para os libros educativos, pois non se contempla a compensación de autores e editores, asegurando que supón unha expropiación.
Os autores e editores recibirán xa un 70% menos durante este ano e as actividades de CEDRO quedaron reducidas á mínima expresión, explica De Andrés, afirmando que a situación actual supón unha clara discriminación dos autores e editores españois en relación aos doutros países do entorno, onde dispoñen de fortes sistemas de propiedade intelectural. Esta realidade tamén vai afectar á sociedade no seu conxunto pola merma da creación, a renovación e a innovación.
Fonte: AGE