O Festival de Cans necesita apoios para manter o seu formato dixital
A organización do Festival de cine de Cans (Porriño-Pontevedra) está pendente de concretar os apoios económicos suficientes para manter unha programación de actividades de catro días.
A Asociación Cultural Arela, organizadora do certame, informa nun comunicado de que ten previsto aumentar a porcentaxe do financiamento privado e a capacidade para xerar recursos propios con novas iniciativas, aínda que considera imprescindible a implicación dos organismos públicos para manter o actual formato do festival.
Con independencia das xornadas de actividade, os organizadores, encabezados por Alfonso Pato, ultiman o programa da novena edición do festival, do que se irán avanzando os puntos máis destacados nas próximas semanas.
A asociación Arela recorda que este venres finaliza o prazo para enviar as curtametraxes e vídeoclip galegos para participar na novena edición da denominada festa do agroglamour, que terá lugar do 23 ao 26 de maio na parroquia de Cans (O Porriño).
Como é habitual, entregaranse dez premios: sete para curtametraxes, dúas para vídeoclip e un honorífico, o denominado premio Pedigree.
Fonte: Galiciaé