O futuro da librería será o tema central do IX Simposio
O IX Simposio O libro e a lectura vaise celebrar en Santiago o 9 de novembro, baixo o tema central de O futuro da librería. A xornada vai concitar en Compostela a destacados profesionais do sector do libro. Este foro vense celebrando ininterrumpidamente dende o ano 2004. A actividade está patrocinada por Cedro e organizada pola AGE. Colabora o Consello da Cultura Galega.
Inscricións ata o 6 de novembro: comunicacion@editoresgalegos.org
Avance do programa
Venres 9 de novembro
09:30 Recollida de documentación.
10:00 Sesión inaugural: intervencións do presidente da AGE
10:30 Conferencia inaugural: A comercialización do libro a través das canles das librerías. Desde o punto de vista da edición. Manuel Gil, editor
Presenta Manuel Bragado Rodríguez
11:30 Pausa Café
12:00 Panel de experiencias de éxito: A utilización das redes sociais nas librerías
Xosé Rodríguez Lois, de Redelibros ( Vigo)
Carlos Airas Cota, da Librería Airas das Letras (Allariz)
Damià Gallardo, de Librerías Laie (Barcelona)
Presenta Antón Lado
13:00 As feiras do libro, Antón Pedreira (Vicepresidente da Federación de Libreiros de Galicia)
Presenta Xulio Amigo
14:00 Remate xornada da mañá.
16:30 Mesa redonda: Os modelos de negocio das librerías.
Librerías Nobel- Grupo Arnoia (Pontevedra)
Enric Faura, de Edicat ( Barcelona)
Juan Carlos Febrero, Casa del Libro (Vigo)
Carlos Coira Nieto, de Libraría Trama (Lugo)
Presenta Laura Rodríguez.
17:30 Conferencia O futuro da librería, Marià Marín i Torné, Secretario del Gremi de Llibreters de Catalunya
Presenta Belén López
19:00 Conclusións
19:30 Remate da xornada.
Fonte: AGE
Foto: Xunta