O GALEUSCA terá lugar na Coruña entre o 13 e o 15 de xuño
As editoras en lingua galega, catalá, valenciana e vasca, reuniranse na Fundación Luís Seoane da Coruña, entre os días 13 e 15 de xuño, no encontro GALEUSCA de editoras, de carácter bianual e desta volta organizado pola Asociación Galega de Editoras, en colaboración coa Asociación de Editores en Lingua Vasca (Euskal Editoreen Elkartea), a Associació d ´Editors en Llengua Catalana e a Associació d’Editors del País Valencià.
O programa das xornadas profesionais Galeusca centrarase en varias sesións de traballo a cargo das persoas representantes dos distintos gremios:
- Panorama da edición nas linguas dos territorios Galeusca.
- Propostas e políticas proactivas da situación editorial.
- Plans de lectura. Accións concretas e experiencias por cada área lingüística.
- Internacionalización do sector editorial nos territorios Galeusca.
- A igualdade no sector editorial, un proceso en construción.