O outlet do libro galego estará na Coruña do 15 ao 23 de novembro
O Centro Sociocultural Afundación da Coruña acollerá desde o sábado 15 ata o domingo 23 de novembro, a terceira edición do Outlet do Libro Galego, despois de ter pasado polos nosos centros de Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo.
Póñense á venda 800 títulos de quince editoriais: 2.0 Editora, Alvarellos Editora, Editorial Andavira, Auiga Editora, Baía Edicións, Dos Acordes, Editorial Galaxia, Editorial Ideas Propias, Ir Indo Edicións, Editorial Linteo, Nova Galicia Edicións, Ouvirmos, Edicións Sotelo Blanco, Editorial Toxosoutos e Edicións Xerais. Verial Galicia, empresa tecnolóxia do ámbito da xestión libreira e Afundación, son as entidades colaboradoras de todos os espazos outlets do ano 2014. O 85 % dos libros contarán con descontos en función do número de exemplares que adquira o comprador. Así:
1 libro: 3 €
3 libros: 5 €
5 libros: 10 €
Ademais, con motivo do outlet, as nosas librarías das sedes de Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol e Vigo ofrecerán descontos nas nosas publicacións do 13 ao 24 de novembro.