O PEN Club Internacional presenta un manifesto a favor dos dereitos lingüisticos
O PEN clube internacional fixo a presentación do Manifesto de Girona, un documento no que se aborda o estado dos dereitos lingüísticos. O Manifesto incide en que “o ensino escolar debe contribuír a prestixiar a lingua falada pola comunidade lingüística do territorio”.
O documento basease na Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos e lembra que “toda comunidade lingüística ten dereito a que a súa lingua sexa usada como oficial no seu territorio” e reclama que “o dereito ao uso e protección da lingua propia debe ser recoñecido polas Nacións Unidas como un dos dereitos humanos fundamentais”. Tamén incide en que o ensino escolar debe contribuír a prestixiar a lingua falada pola comunidade.
No acto estivo o presidente da Generalitat de Catalunya e foi coincidente coa xuntanza anual do Comitè Internacional de Tradución e Dereitos lingüísticos do PEN, que tivo lugar en Barcelona esta semana e no que participaron dezasete países.
Fonte: AGE