O sábado comeza a Feira do Libro de Guadalaxara, México
Doce editores galegos amosarán as súas novidades editoriais na FIL, a Feira do Libro de Guadalaxara, México. O sábado terá lugar a apertura deste evento, un dos máis importantes do mundo do libro. A relación de editorias componse das seguintes empresas:Editorial Linteo, Editorial Ideas Propias, Kalandraka Editora, Biblos Clube de Lectores, Ediciones del Viento, Alvarellos Editora, OQO Editora, Everest Galicia, Editorial El Patito, Editorial Galaxia, Edicións Xerais de Galicia e MCSport.
A Asociación Galega de Editores e a Consellería de Cultura participan con stand dende o ano 2008. Formaron parte dos programas programas da FIL destinados á promoción do libro e a lectura, os autores galegos: Fina Casalderrey, Manuel Rivas, Alfredo Conde, Xavier Alcalá, Kiko da Silva, Rosa Aneiros, Agustín Fernández Paz e Marcos Calveiro, entre outros.
A edición deste ano non contará coa presenza de creadores e de representación institucional. A AGE conta cunha axenda de traballo propia destinada á promoción comercial da produción galega.
Cámara de Comercio da Coruña
A Cámara de Comercio da Coruña organizou unha misión comercial composta por 9 empresas do ámbito editorial, tecnolóxico e bibliotecario. Odile Lueiro, responsable de comercio internacional da Cámara, estará á fronte da mesma.
Fonte: AGE
Foto: Xunta de Galicia