O X Simposio O libro e a lectura terá lugar o 14 de novembro

O 14 de novembro celebrarase a décima edición do Simposio anual O libro e a lectura, organizado pola Asociación Galega de Editores, actividade que xa é un referente en todo o sector do libro de Galicia. O programa desta nova edición versará sobre O futuro da biblioteca no ámbito dixital, está patrocinado por CEDRO, a Xunta de Galicia e a AGE, e colabora o Consello da Cultura Galega, en cuxo auditorio ten lugar a actividade. Esta entidade organizadora elabora un programa que contempla dúas conferencias, un panel e unha mesa redonda. Un avance da programación será publicado na vindeira semana e a partir do 14 de outubro,  poderanse inscribir todos os profesionais e público xeral interesado que o desexe.

Galería : Imaxes arquivo AGE