Obras gañadoras dos Premios da III Gala do Libro Galego

A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), Asociación Galega de Editoras (AGE) e Federación de Librarías de Galicia (FLG) convocaron a terceira edición dos Premios Gala do Libro Galego, celebrada o sábado pasado 19 de maio de 2018 no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

Así pois, faise pública a relación de obras gañadoras por cada modalidade dos premios.

OBRAS EDITADAS EN 2017

Ensaio e investigación

– Margot Sponer. Do galego antigo ás fronteiras da resistencia, de Antón Figueroa (Edicións Laiovento).

Divulgación

– Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo, de Xurxo Mariño (Edicións Xerais de Galicia).

Narrativa

– A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. DoCampo (Edicións Xerais de Galicia).

Infantil

– A señorita Bubble, de Ledicia Costas, ilustrado por Andrés Meixide (Edicións Xerais de Galicia).

Xuvenil

– Os nenos da varíola, de María Solar (Editorial Galaxia).

Libro ilustrado

– Tinta de luz, ilustrado por Berta Cáccamo, de Xosé María Álvarez Cáccamo (Chan da Pólvora Editora).

Libro de banda deseñada

 Alter-Nativo, de Jorge Campos (Aira Editorial).

Iniciativa bibliográfica

– Colección Xerais Básicos Ciencia (Edicións Xerais de Galicia).

Tradución

– Pippi Mediaslongas, de Astrid Lindgren, traducido por David A. Álvarez (Kalandraka Editora).

Poesía

– Camuflaxe, de Lupe Gómez (Chan da Pólvora Editora).

Teatro

 Río Bravo, de Chévere (Kalandraka Editora)

Libro mellor editado

– Lumes, de Ismael Ramos (Apiario).

 

PREMIOS ÁS TRAXECTORIAS

Iniciativa cultural ou fomento da lectura

– Viñetas desde o Atlántico.

Proxecto literario na rede

– Caderno da crítica, de Ramón Nicolás, https://cadernodacritica.wordpress.com/

Xornalismo cultural

– Ana Romaní.

O xurado quere facer constar que, pese a un escenario de retroceso no número de títulos publicados, da visibilidade e dos dereitos lingüísticos das persoas galegofalantes, brilla, mesmo así, a gran calidade e o esforzo do mundo do libro galego.

 

Fonte: AELG