Parabéns ás Bibliotecas Municipais do Concello de Oleiros polo Premio Liber 2017

Liber 2017 (Feira Internacional do Libro en español) concedeu o Premio ao Fomento da Lectura en bibliotecas abertas ao público ao Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros (A Coruña). A Xunta Directiva da Federación de Gremios de Editores de España (FGEE) quere recoñecer con este galardón, “a súa intensa dedicación chea de actividades nunha área de poboación e dispersa”, así como a posta a disposición da poboación de máis de catrocentos postos de lectura e uns fondos bibliográficos moi superiores á media nacional. Este galardón entregarase o 5 de outubro na Real Fábrica de Tapices de Madrid no marco das actividades de LIBER, que este ano organiza IFEMA.

Unha gran noticia para todas e todos nós! Parabéns!