Pinturas de Seoane, Laxeiro e Colmeiro, na galería viguesa Montenegro
A galería Montenegro (Marqués de Valladares, 37, Vigo) acolle hoxe a apertura da exposición “Os renovadores da arte galega”, na que se mostran pinturas de Manuel Colmeiro, Arturo Souto, Laxeiro e Luís Seoane. Os catro galegos, falecidos entre os anos 60 e 90 do pasado século, foron os encargados de renovar a arte pictórica galega. A mostra pode visitarse de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas.
Fonte: Faro de Vigo