Posta en marcha da “tarxeta-bono Cultura Galega”: unha boa noticia para a cultura galega.
O DOG número 148 de hoxe, 6 de agosto publica a “Resolución do 28 de xullo de 2015 para o desenvolvemento e a promoción da tarxeta-bono Cultura Galega”, acción que as editoras galegas levamos anos reclamando e que á fin foi atendida.
O obxecto desta tarxeta é, en resumo, incentivar o consumo cultural en galego, de xeito que cada 33 € de valor de compra da tarxeta darálle á persoa portadora un valor de 50 € de adquisicón de produtos culturais galegos.
Esta idea xa funciona no País Vasco con resultados extraordinarios.
Sen dúbida, unha gran noticia para a nosa cultura. Parabéns!!!
Deixo o enlace ao DOG para quen queira consultar as condicións do programa.
RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2015 para o desenvolvemento e a promoción da tarxeta-bono Cultura Galega.
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150806/AnuncioG1097-240715-0001_gl.pdf