Presentación de ‘Mar…usía. Relatos salpresados’ en Foz

Baía Edicións presenta o libro Mar…usía Relatos salpresados na Libraría Bahía (Avda. da Mariña, 40 – Foz), hoxe xoves, 2 de novembro ás 20:30 horas.
A presentación contará coa participación de Bernardo Penabade, Belén López Vázquez e co autor da obra, Paco Rivas.

Contido do libro: Colección de 15 relatos con protagonismo do mar e das súas xentes que respiran a mellor tradición do realismo fantástico e mostran unha lingua que procura recoller fielmente a fala da xente da Mariña luguesa, mesturada, no entanto, cunha prosa rica en matices e recursos estilísticos postos ao servizo do dramatismo das distintas historias.