Presentación e mesa redonda do Museo de Arte Contemporáneo da Costa da Morte hoxe en Portas Ártabras
Fundación creada en 2006 por Cristina Torre-Cervigón, viúva do pintor Julio Pujales Rivas (A Coruña, 1939 -1998). En abril de 2012 inaugurouse o museo de arte contemporánea, que ofrecerá ao público máis de 700 obras entre pinturas e esculturas dun total de 200 autores galegos e doutras nacionalidades.
Hoxe, mércores 27 de xullo ás 20:00 h. preséntase en Portas Ártabras o Museo de Arte Comporáneo Costa da Morte, un proxecto altruista da viúva do pintor coruñés Julio Pujales, que deixou a pel nel. O museo conta cunha colección importante de artistas de primeira magnitude.