Presentación dupla: Modelos de lingua e compromiso e A poesía oculta de Filgueira Valverde
Esta tarde, no marco da Feira do Libro da Coruña presentaremos dous ensaios, Modelos de lingua e compromiso, obra na que Gorreti Sanmartín, Laura Tato, Manuel Ferreiro e Xose Ramón Freixeiro, coordinados por Xose Manuel Sanchez Rei, todos investigadores do grupo ILLA, achegan as súa reflexións sobre a calidade da lingua.
En paralelo Xosé Ramón Freixeiro presenta os resultados da súa investigación sobre a obra do autor homenaxeado no Día das Letras e desvela a autoría de 2 poemas en A poesía oculta de Filgueira Valverde
De seguro dará para o debate, estades todas e todos convidadas; será ás 19:00