Presentacións de Fadita Fosca! e A neve e o lume na Feira do Libro da Coruña, martes 6 agosto
O martes 6 de agosto Baía Edicións presentará Fadita Fosca! e A neve e o lume na Feira do Libro da Coruña
Ás 18:00 horas: Fadita fosca!
Miguel Vázquez Freire e o recoñecido ilustrador betanceiro Xosé Tomás, quen realizará tamén un taller de ilustración dirixido ao público infantil, acompañados da directora editorial de Baía Edicións, Belén López Vázquez, farán un achegamento crítico a esta obra incluída na colección infantil Mar de Letras.
Ás 19:00: A neve e o lume
A escritora coruñesa Chelo Suárez e a tamén escritora e prologuista da obra, Marica Campo, farán unha introdución a esta singular novela dirixida ao público xuvenil e ilustrada moi certeiramente por Calros Silvar.
Contamos con vós!