Presentouse Liberdrac
O Gremi de Llibreters de Catalunya vén de presentar Liberdrac, un portal de venda de libros dixitais que ten como obxectivo ofrecer unha ampla oferta de títulos en catalán e castelán -e, moi pronto, tamén en inglés-, tanto de fondo como das últimas novidades.
O secretario tecnic do Gremi, Marià Marín i Torné, participará no Simposio anual organizado pola AGE, que este ano vaise celebrar baixo o lema O futuro da librería, e que terá lugar no Auditorio do Consello da Cultura Galega o día 9 de novembro.
Experiencia colaborativa
En palabras de Antoni Daura, presidente do Gremi de Llibreters, trátase dunha experiencia colaborativa, inédita en España e no sector, para posicionarse no negocio dixital do libro. De momento, adheríronse ó proxecto 40 librarías, de 200 agremiadas, entre elas Documenta, A peu de pàgina, Empúries, Geli, La Gralla, Parcir, La Capona, La Mulassa e La Central.
Liberdrac proporcionará asesoramento técnico ó cliente e formación aos libreiros que participen no proxecto e traballará cos principais grupos editoriais de España e o seu máis importante distribuidor, Libranda, aínda que pensa ampliar ocatálogo progresivamente, segundo explica Alex Manyé, coordinador do proxecto. De feito, Liberdrac utiliza o software informático de xestión creado por Libranda. O portal, que se publica en catalán e castelán ten previsto incorporar recursos para conectar aos lectores nas redes sociais, blogs, etc.
Fonte: AGE